Saltar navegación

URL

Existen propiedades en CSS que necesitamos establecer unha url como valor. Así, por exemplo, se queremos establecer unha imaxe de fondo deberemos indicar ao CSS onde se atopa dita imaxe.

Ao igual que falabamos para HTML, as URL poden ser absolutas ou relativas, e tal e como decía nesa ocasión, sempre que as imaxes estean no noso ordenador empregaremos unha dirección relativa. Se a imaxe se atopa nun sitio de Internet, empregaremos unha dirección absoluta.

Por norma xeral, sempre crearemos varias carpetas para as imaxes. Dentro da carpeta de imaxes xeral, crearemos unha carpeta para as imaxes que empregaremos no CSS e polo menos outra para as imaxes que empregamos no HTML. Así, as imaxes correspondentes ao deseño da páxina mantéñense separadas do resto de imaxes do sitio e o código CSS é máis sinxelo (por utilizar URL relativas) e máis doado de manter.

Para establecer una URL faise do seguinte xeito:

selector {
  propiedade: url(direccion_relativa_á_imaxe);
}

Onde:

  • direccion_relativa_á_imaxe: Dirección relativa á imaxe a empregar

Tamén é posible coller o recurso dunha dirección de Internet, tamén normalmente unha imaxe. Para establecer una URL faise do mesmo xeito:

selector {
  propiedade: url(direccion_url_da_imaxe);
}

Onde:

  • direccion_url_imaxe: Dirección url da imaxe a empregar

Así, por exemplo:

p {
  background-image: url("imaxenes/imaxe.jpg");
}

h1 {
  background-image: url("imaxe.jpg");
}

div {
  background-image: url("http://www.drodicio.com/imaxe.jpg");
}