Saltar navegación

Combinación de selectores

Que é a combinación de selectores?

CSS permite a combinación dun ou máis tipos de selectores para restrinxir o alcance das regras CSS. Co espazo selecionamos un selector que estea dentro doutro.

Así, por exemplo, o seguinte selector soamente selecciona aqueles elementos cun class="especial" que se encontren dentro de calquera elemento cun class="aviso":

.aviso .especial {...}

Máis en profundidade...

O seguinte soamente seleccionará aqueles elementos de tipo <span> que pertenzan á clase especial que estean dentro de calquera  <div> que pertenzan á clase aviso

div.aviso span.especial {...}

A combinación de selectores pode chegar a ser todo o complexa que sexa necesario. O seguinte selector fai referencia ao enlace cun id igual a inicio que se encontra dentro dun  <li> pertencente á clase destacado, que forma parte dunha lista <ul> cun id igual a menuPrincipal:

ul#menuPrincipal li.destacado a#inicio {...}