Saltar navegación

- Actividades -

Reflexiona

Indica qué propiedades deberías empregar para conseguir os seguintes efectos:

  • Posicionar un elemento na páxina, establecendo a distancia respecto ao borde esquerdo da ventana.
  • Determinar o color de fondo dun elemento.
  • Establecer o recheo entre un elemento e o seu borde.

Actividade

Accede a http://es.lipsum.com/feed/html e crea unha páxina Web con 3 parágrafos con textos que encontres nesa páxina. A continuación engade:

  • Unha folla de estilos interna que teña unha regra de estilos con un único selector de xeito que, a primeira letra de cada parágrafo apareza subliñada e cun tamaño de letra de 24px
  • Unha folla de estilos externa onde teñas unha regra de estilos na que engadas un tipo de letra de Google Fonts que afecte a toda a páxina, modifiques o seu cor de fondo por un gris oscuro e lle engadas unha sombra.

Actividade

Descarga a páxina desta ligazón e engade un folla de estilos interna de xeito que:

  • Todo o texto do documento terá un tamaño de 10px e un tipo de letra Verdana.
  • Os <h1> terán un fondo verde claro e un borde inferior sólido
  • Os elementos da clase clase1 terán un fondo gris
  • Os elementos da clase clase2 terán un cor de fondo vermello
  • Os elementos da clase clase3 terán un fondo amarelo
  • Os <span> dentro de clase1 irán subliñados
  • Os <span> dentro de clase2 e clase 3 irán en vermello
  • Os <p> irán xustificados
  • O texto incluído nos <p> co identificador primeiro_parágrafo terá unha sombra e irán alineados a dereita
  • O primeiro <p> que estea dentro dun <div> terá un fondo azul e un cor de texto branco.
  • As imaxes img terá un borde de liñas punteadas e ancho 2px.
  • O último <p> que estea dentro dun <div> terá un cor de texto vermello.

Actividade

Descarga a páxina desta ligazón e fai tres follas de estilos externas de xeito que, sen modificar o HTML:

  • Cada  <div> terá un borde, unha sombra distinta, unha cor de fondo distinta e un ancho de 300px.
  • Sitúa os <div> uns por riba de outros do xeito que indico abaixo:

    • Na primeira folla de estilos: O primeiro <div> estea por encima do segundo, e este por encima do terceiro
    • Na segunda folla de estilos: O segundo <div> estea por encima do primeiro, e este por encima do terceiro
    • Na terceira folla de estilos: O terceiro <div> estea por encima do segundo, e este por encima do primeiro
  • A situación dos <div> debe ser parecido a da seguinte imaxe, de xeito que sempre se vexa claramente que <div> está por riba ou por baixo:

Exercicio 03

Exemplo do resultado do exercicio. Este caso sería o da terceira folla de estilos, onde a terceira capa está por riba da segunda e esta por riba da primeira.

Actividade

Descarga a páxina desta ligazón e fai unha folla de estilos interna de xeito que, sen modificar o HTML:

  • A páxina web terá cor de fonte red, cor de fondo silver e o tipo de letra Arial e unha marxe á esquerda de 200px
  • As etiquetas <h1> terán cor branco, espaciado de palabra 30px e tipo de letra Comic Sans Ms unha marxe á dereiga de 300px, recheo de 5px e un borde sólido de 5px en vermello
  • As etiquetas <h3> estarán en cursiva, minúscula e fonte Tahoma, unha marxe a dereiga de 300px e aliñados a dereita.
  • Os parágrafos estarán aliñados ao centro, terán un ancho de 250px e cor de fondo olive. Ademais terán un recheo de 10px arriba e abaixo e un borde de 10px en azul
  • A lista terá un ancho de 200px e cor de fondo purple
  • Os elementos da lista terán un recheo de 5px e un orde de 0,5px sólido de cor branco

Actividade

Descarga a páxina desta ligazón e fai unha folla de estilos interna de xeito que, podendo modificar o HTML:

  • A páxina terá unha imaxe de fondo con degradado que remate nunha cor de fondo
  • O título da táboa terá unha cor de fondo, un borde e un radio de curvatura.
  • A táboa e as celdas terán un borde.
  • A cabeceira estará en negriña, co tipo de letra máis grande, cunha cor de fondo e o texto centrado e con sombra.
  • O pé de páxina estará en negriña, con sombra e terá unha cor de fondo.
  • A columnas das horas terá un cor de fondo
  • Cada materia terá un cor de fondo distinto
  • Os cores das horas, pé de páxina, cabeceira e materias non deben coincidir.

Actividade

Descarga a páxina desta ligazón e fai unha folla de estilos interna de xeito que, sen modificar o HTML:

  • A táboa terá un borde redondeado.
  • As celdas terán un borde
  • A cabeceira  terá un cor de fondo, negriña,  texto centrado e con sombra.
  • Cada fila alterna, agás a cabeceira, terá unha cor de fondo distinta. Lembra que non se pode modificar o HTML.

Actividade

Crea un sito web onde se amosen datos sobre pobos da provincia de Ourense. 

A estrutura será a mesma para todas as páxinas e deberá empregar as etiquetas semánticas vistas no tema anterior. O menú principal derá acceso a cada unha das páxinas creadas (mínimo 5 contando co índice).

Para cada pobo se creará unha páxina onde aparezan tres partes: un parágrafo contando algo sobre el, unha fotografía e un mapa  embebido coa súa situación. Os estilos a aplicar nunha folla de estilos externa que afectarán a todas as páxinas serán:

  • O <body> terá un recheo de 12em, letra Arial, cor de letra "purple" e cor de fondo #d8da3d
  • Os títulos de nivel 1 terán un tipo de letra Comic Sans MS
  • A lista do menú principal terá un recheo e marxen de 0px e unha posición fixa de 50px a esquerda e 100px arriba
  • As imaxes flotarán á dereita cunha marxe a dereita de 50px
  • Os parágrafos terán un recheo de 10px, marxe a dereita de 30em, cor de fonte en negro, cor de fondo "plum", borde sólido de cor "brown" e ancho 5px

Actividade

Descarga a páxina desta ligazón e fai unha folla de estilos externa de xeito que, sen modificar o HTML e como mínimo terás que:

  • A páxina web:
    • Terá unha marxe de 20px
    • O tipo de letra será calquera de Google Fonts.
    • Terá un ancho mínimo de 900px.
    • Un interliñado de 26px
  • <header> :

    • Será fixo, aínda que baixemos na páxina permanecerá arriba, na mesma posición. 
    • Terá unha cor de fondo #84c754
    • Terá un radio de 4px
    • Terá un marxe de 4px
    • A cor de letra será blanco
    • Un recheo de 15 px
    • Terá unha sombra (escolle ti)
  • O menú principal: 
    • Terá un ancho de 200px
    • Os elementos da páxina <section> e  <aside> aparecerán a dereita deste menú. Pista!: tes varias formas de facelo, ou ven coas propiedades de posicionamento e flotabilidade, ou ben engadinlle unha marxe
    • O texto dos elementos do menú terán unha sombra que escolleras ti.
    • Cada elemento do menú terá unha marxe de 4px
    • Cada elemento do menú terá un radio de 4px
    • Cada elemento do menú terá unha cor de fondo #f1f1f1
    • Cada elemento do menú terá un borde sólido de 1px de grosor cunha cor #d4d4d4
    • Cada elemento do menú non aparecerá coa icona das listas.
    • Cada elemento do menú terá un recheo de 2px.
    • Cando pasemos o rato por riba de cada elemento do menú a súa cor de fondo será branco.
    • As ligazóns de cada elemento do menú terán unha cor negra e unha liña por debaixo.
    • Cada vez que pasemos o rato polas ligazóns dos elementos do menú aparecerán sen liña por debaixo e de cor #32a4e7.
  • A <section> terá un recheo de 10px
  • O menú lateral:
    • Terá unha cor de fondo #32a4e7
    • Un cor de letra branco
    • Unha anchura de 180px
    • Un recheo de 10px
    • Aparecerá na parte esquerda da páxina
  • O pé de páxina:
    • Terá un borde sólido de cor #d4d4d4
    • Unha cor de fondo #f1f1f1
    • O texto alineado a dereita
    • Un recheo de 10px
    • Un tamaño de fonte do 70% do tamaño da fonte para todo a páxina
    • Un interliñado de 14px.
  • Deberás formatar todos os títulos e subtítulos (agás os de título, menú lateral, menú principal e pe de páxina) e terán borde e un tamaño de letra e cor que tu escollas
  • Deberás formatar as ligazóns (agás as do menú principal que xa especifico como ten que ser) como ti desexes. Non te esquezas de formatar as ligazóns cando pases o rato por riba.