Saltar navegación

Pseudo-Clases e Pseudo-Elementos

Antes de comezar...

As follas de estilo asocian características de estilo aos elementos baseándose nas etiquetas dos elementos e na súa posición (e dicir, os selectores).

En CSS temos dous elementos a maiores dos selectores que nos permiten mellorar esa selección.

  • Os pseudo-elementos utilízanse para facer referencia a partes dos elementos (primeira liña, primeira letra..)
  • As pseudo-clases permiten ás follas de estilo diferenciar entre distintos tipos de elementos segundo o seu estado (se pasamos o rato por riba, se o seleccionamos co teclado...).