Saltar navegación

Marxe e recheo

Marxe

CSS define catro propiedades para controlar cada unha das marxes horizontais e verticais dun elemento. 

Cada unha das propiedades establece a separación entre o bordo lateral da caixa e o resto de caixas adxacentes:

PropiedadeValores que aceptaDescriciónExemplos
  • margin-left
  • margin-right
  • margin-top
  • margin-bottom

Establece cada unha das marxes horizontais e verticais dun elemento

Exemplo do comportamento do marxe en CSS

Exemplo do comportamento do marxe en CSS.

div img { 
margin-top: 0.5em; margin-bottom: 2px; margin-left: 1em; margin-right: 5px; }


margin

Establece as marxes nunha soa liña. Pode ter de un a catro valores e significa o seguinte:

  • 1 valor: Establece as catro marxes ao mesmo tempo. Exemplo: margin: 25px;
  • 2 valores. Exemplo: margin: 20px 30px;
    • O primeiro valor establece as marxes superior e inferior (20px)
    • O segundo as marxes dereito e esquerdo (30px)
  • 3 valores. Exemplo: margin 10px auto 30px;
    • O primeiro valor e a marxe superior (10px)
    • O segundo son as marxes dereito e esquerdo (auto)
    • O terceiro a marxe inferior (30px)
  • 4 valores. Exemplo: margin 10px 20px 3px auto;
    • O primeiro valor é a marxe superior (10px)
    • O segundo a marxe dereito (20px)
    • O terceiro a marxe inferior (3px)
    • O cuarto a marxe esquerdo (auto)

div img { 
margin: 4px 5px; }
p { margin: 5px; }


Recheo

CSS define catro propiedades para controlar cada un dos espazos de recheo horizontais e verticais dun elemento.

Cada unha destas propiedades establece a separación entre o contido e os bordos laterais da caixa do elemento:

PropiedadeValores que aceptaDescriciónExemplos
  • padding-left
  • padding-right
  • padding-top
  • padding-bottom

Establece cada un dos recheos horizontais e verticais dun elemento

Exemplo do comportamento do recheo en CSS

Exemplo do comportamento do recheo en CSS.

div img { 
padding-top: 0.5em; padding-bottom: 2px; padding-left: 1em; padding-right: 5px; }


padding

Establece os recheos nunha soa liña. Pode ter de un a catro valores e significa o seguinte:

  • 1 valor: Establece os catro marxes ao mesmo tempo. Exemplo: padding: 25px;
  • 2 valores. Exemplo: padding: 20px 30px;
    • O primeiro valor establece os recheos superior e inferior (20px)
    • O segundo os recheos dereito e esquerdo (30px)
  • 3 valores. Exemplo: padding 10px auto 30px;
    • O primeiro valor e o recheo superior (10px)
    • O segundo son os recheos dereito e esquerdo (auto)
    • O terceiro o recheos inferior (30px)
  • 4 valores. Exemplo: padding 10px 20px 3px auto;
    • O primeiro valor é o recheo superior (10px)
    • O segundo o recheo dereito (20px)
    • O terceiro o recheo inferior (3px)
    • O cuarto o recheo esquerdo (auto)

div img { 
padding: 4px 5px; }
p { padding: 5px; }


Exemplo...

Exemplo das propiedades de marxes e recheos

Exemplo das propiedades de marxes e recheos. Diego Rodicio Álvarez. CC BY-SA

Pulsa no botón de abaixo para descargar este exemplo: