Antes de comezar...
As propiedades display y visibility controlan a visualización dos elementos. As dúas propiedades permiten ocultar calquera elemento da páxina. Habitualmente utilízanse xunto con JavaScript para crear efectos dinámicos como mostrar e ocultar determinados textos ou imaxes cando o usuario pica sobre eles.
A propiedade display permite ocultar completamente un elemento facendo que desapareza da páxina. Como o elemento oculto non se mostra, o resto de elementos da páxina móvense para ocupar o seu lugar.
Por outra parte, a propiedade visibility permite facer invisible un elemento, o que significa que o navegador crea a caixa do elemento pero non a mostra. Neste caso, o resto de elementos da páxina non modifican a súa posición, xa que aínda que a caixa non se ve, segue ocupando sitio.
A seguinte imaxe mostra a diferenza entre ocultar a caixa número 5 mediante a propiedade displayou facela invisible mediante a propiedade visibility:

Diferenzas visuais entre as propiedades display e visibility.
