Que é unha regra de estilos?

Unha folla de estilo CSS componse dunha ou varias regras de estilo.
As regras de estilo especifican que etiqueta ou etiquetas que vamos a formatar e que formato lle vamos a aplicar. As regras de estilo teñen dous compoñentes:
- O selector, que seleccionará a etiqueta ou elementos HTML da nosa páxina Web sobre os que definiremos o estilo
- A declaración, indica que formato, cores, bordes... vamos a aplicar sobre os elementos seleccionados polo selector. A declaración esta composta por:
- A propiedade é o atributo que desexamos modificar (cor de fondo, imaxe de fondo, borde, marxe...)
- O valor é o valor que lle asignamos a esa propiedade (vermello, img.jpg, 10px,...)
Así, unha regra de estilo adopta a seguinte forma:
selector {
propiedad1: valor1;
}
No caso de declararse máis dunha propiedade/valor, estas deben estar separadas por punto e coma (;), como por exemplo:
selector {
propiedad1: valor1;
propiedad2: valor2;
}
Así, resumindo, unha regra de estilos ten o seguinte formato:

Formato dunha regra de estilos. Diego Rodicio Álvarez. CC BY-SA