O estándar CSS considera que o posicionamento fixo é un caso particular do posicionamento absoluto, xa que só se diferencian no comportamento das caixas posicionadas.
Unha caixa posicionada de forma fixa é que a súa posición é inamovible dentro da ventá do navegador: O posicionamento fixo fai que as caixas non modifiquen a súa posición nin aínda que o usuario suba ou baixe a páxina na ventá do seu navegador.
Se a páxina se visualiza nun medio paxinado (por exemplo nunha impresora) as caixas posicionadas de forma fixa repítense en todas as páxinas. Esta característica pode ser útil para crear encabezados ou pés de páxina en páxinas HTML preparadas para imprimir.
