Saltar navegación

Posicionamento Relativo

O posicionamento relativo despraza unha caixa respecto da súa posición orixinal establecida mediante o posicionamento normal. O desprazamento da caixa contrólase coas propiedades top,rightbottom y left.

O valor da propiedade top interprétase como o desprazamento entre o bordo superior da caixa na súa posición final e o bordo superior da mesma caixa na súa posición orixinal.

Da mesma forma, o valor das propiedades leftright y bottom indica respectivamente o desprazamento entre o bordo esquerdo/dereito/inferior da caixa na súa posición final e o bordo esquerdo/dereito/inferior da caixa orixinal.

Polo tanto, a propiedade top emprégase para mover as caixas de forma descendente, a propiedadebottom move as caixas de forma ascendente, a propiedade left utilízase para desprazar as caixas cara á dereita e a propiedade right move as caixas cara á esquerda. Este comportamento parece pouco intuitivo e é causa de erros cando se empezan a deseñar páxinas con CSS.

Se utilizamos valores negativos nas propiedades toprightbottom y left, o seu efecto é xustamente o inverso.

O desprazamento relativo dunha caixa non afecta ao resto de caixas adxacentes, que se mostran na mesma posición que se a caixa desprazada non se tivese movido da súa posición orixinal.

Exemplo do comportamento do posicionamento normal con respecto ao relativo

Exemplo do comportamento do posicionamento normal con respecto ao relativo.

Na imaxe anterior, a caixa 2 desprazouse lateralmente cara á dereita e verticalmente de forma descendente. Como o resto de caixas da páxina non modifican a súa posición, prodúcense solapamentos entre os contidos das caixas.

Exemplo...

See the Pen CSS - Posicionamento relativo by Diego Rodicio (@drodicio) on CodePen.

Exemplo da propiedade de posicionamento relativo

Exemplo da propiedade de posicionamento relativo. Diego Rodicio Álvarez. CC BY-SA

Pulsa no botón de abaixo para descargar este exemplo: