Saltar navegación

Incluír CSS nunha páxina Web

Existen tres opcións para incluír CSS nun documento HTML.

  • Incluír os estilos dentro dunha etiqueta. So afectarán a esa etiqueta
  • Incluír os estilo só nunha mesma páxina HTML (follas de estilo internas). So afectarán a esa páxina HTML
  • Definir os estilos nun arquivo externo (follas de estilo externas). Poderá afectar a varias páxinas, incluso a todo o sitio Web. É o que empregaremos nos.

A continuación se amosa un como se inclúen nun documento.

Nome

Descrición
<!doctype html>
<html>
  <head> 
  ...
  </head>
  <body>
    <p style="color: blue;"> Isto é un parágrafo de cor azul. </p>
   ....
Incluir estilos nas etiquetas. Calquera etiqueta HTML pode incluír estilos CSS. So temos que por na etiqueta o atributo style e dentro deste as propiedades e valores que desexamos modificar.
<!doctype html>
<html>
  <head> 
  ...
    <style type="text/css">
      p {
        color: blue;
      }
    </style>
  ...
  </head>
  <body>
    <p>Este texto irá en cor azul. </p> 
   ....
Inclúe unha folla de estilos interna. Está etiqueta está no <head> e tal e como vemos, dentro de <style> se atoparán as reglas de estilo que afectarán á páxina Web.
<!doctype html>
<html>
  <head> 
  ...
    <link rel="stylesheet" type="text/css" href="o_meu_estilo.css">
  ...
  </head>
  
  <body> 
   ....
Inclúe unha folla de estilos externa. Está etiqueta está no <head> da páxina Web.