Selector de Clase
Que é o selector de clase?
O selector de etiquetas permite seleccionar todos os elementos da páxina que teñan unha mesma etiqueta, pero:
- Que pasa se en vez de todas as etiquetas queremos seleccionar unhas poucas?
- Que pasa se queremos seleccionar etiquetas distintas para aplicarlle o mesmo estilo?
O selector de clases permite agrupar varias etiquetas (poden ser a mesma ou non) para aplicarlle os mesmos estilos. Non é recomendable a súa utilización, salvo que sexa imprescindible, xa que temos que modificar o html para poder empregalo.
O atributo das etiquetas HTML class permite de agrupar os elementos por clases ou grupos para que así CSS poida seleccionalos e distinguilos dos demais.
Así, nesta táboa resumo o funcionamento dos selectores de clase:
| Código a incluír no HTML | Código a incluír na regra de estilo CSS |
|---|---|
|
En calquera etiqueta HTML empregamos o atributo
|
Facemos a regra de estilos. O selector e o nome que lle puxemos ao atributo
|
|
Onde,
|
|
Funcionamento
Vamos a ver como se emprega este selector. Así, por exemplo, no HTML podemos ter unha imaxe que pertenza a clase fotos:
<img src="casa.jpg" class="fotos">
Un elemento pode pertencer a varias clases á vez xa que estas non son excluíntes. Para iso especifícase dentro do atributo class os nomes das clases separados por espazos:
<img src="casa.jpg" class="fotos casas">
Tal e como figura na táboa de arriba, unha clase non ten ningún efecto se non pomos a súa regra de estilos, polo tanto, as clases anteriores será posible formatalos mediante unha regra de estilo:
.fotos {border-top: 5px solid #0f0;}
.casas {border-bottom: 10px solid #00f;}
No primeiro exemplo, crearíase un borde superior de 5 pixels e cor verde a todos os elementos (imaxes, parágrafos, etc.) que pertenzan á clase fotos. No segundo, os elementos da clase casas terían un marco inferior de 10 pixels e cor azul; é dicir, chalé. jpg tería borde arriba e abaixo mentres que casa.jpg so arriba (xa que non pertence á clase casas).
A principal característica deste selector é que nunha mesma páxina HTML varios elementos diferentes poden utilizar o mesmo valor no atributo class:
<!doctype html>
<html>
<head>
...
</head>
<body>
<p class="destacado">Este parágrafo está destacado...</p>
<p>Este parágrafo NON está destacado...</p>
<a href="#" class="destacado">Esta ligazón está destacada...</a>
<p>Este parágrafo NON está destacado <em class="destacado">pero esta parte si</em> </p>
....
Exemplo...
See the Pen CSS - Selector de clase by Diego Rodicio (@drodicio) on CodePen.
Exemplo da utilización de clases. Diego Rodicio Álvarez. CC BY-SA
Pulsa no botón de abaixo para descargar este exemplo:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
