O posicionamento normal ou estático é o modelo que utilizan por defecto os navegadores para mostrar os elementos das páxinas.
Os elementos de bloque móstranse como se fosen caixas (tal e como vimos no modelo de caixas) unha debaixo doutra comezando dende o principio do elemento que o contén. A distancia entre as caixas contrólase mediante as marxes verticais.
Nos elementos as caixas móstranse unha detrás doutra de forma horizontal comezando dende a posición máis á esquerda do seu elemento colector. A distancia entre as caixas contrólase mediante as marxes laterais.
Se as caixas en liña ocupan máis espazo do dispoñible na súa propia liña, o resto de caixas móstranse nas liñas inferiores. Se as caixas en liña ocupan un espazo menor que a súa propia liña, pódese controlar a distribución das caixas mediante a propiedade text-align para centralas, aliñalas á dereita ou xustificalas.


