Saltar navegación

Selector de ID

Que é o selector de ID?

En ocasións, é necesario aplicar estilos CSS a un único elemento da páxina. Aínda que se pode empregar o selector de clase, existe outro tipo de selector máis eficiente para este caso: o selector de ID.

O selector de ID permite seleccionar unha etiqueta da páxina a través do valor do seu atributo id.

Este tipo de selectores só seleccionan un elemento da páxina porque o valor do atributo id non se pode repetir en dous elementos diferentes dunha mesma páxina. Non é recomendable a súa utilización, salvo que sexa imprescindible, xa que temos que modificar o html para poder empregalo

A sintaxe dos selectores de ID é moi parecida á dos selectores de clase, salvo que se utiliza o símbolo da almofada (#) en vez do punto (.) como prefixo do nome da regra CSS:

Código a incluír no HTML Código a incluír na regra de estilo CSS

Utilizamos o atributo id de HTML sobre ese elemento para indicar directamente a regra CSS que se lle debe aplicar.

Neste caso vamos a asignarlle o valor "destacado":

<etiqueta id="destacado">

Facemos a regra de estilos. O selector e o nome que lle puxemos ao identificador id no html precedido dunha almofada (#). Así, se ao identificador lle pomos "destacado" o selector será "#destacado"

#destacado {
  propiedade: valor;
}

O selector #destacado interprétase como "un único elemento da páxina HTML cuxo atributo id sexa igual a " destacado"

A diferencia coas clases é que non se pode repetir un mesmo identificador na páxina HTML.

Ao igual que os selectores de clase, neste caso tamén se pode restrinxir o alcance do selector mediante a combinación con outros selectores. O seguinte exemplo aplica a regra CSS soamente ao elemento de tipo <p> que teña un atributo id igual ao indicado:

p#destacado {
  color: red;
}

Clases vs Id

A principal diferenza entre este tipo de selector e o selector de clase ten que ver con HTML e non con CSS. Como se sabe, nunha mesma páxina, o valor do atributo id debe ser único, de forma que dous elementos diferentes non poden ter o mesmo valor de id.

Non obstante, o atributo class non é obrigatorio que sexa único, de forma que moitos elementos HTML diferentes poden compartir o mesmo valor para o seu atributo class.

Desta forma, a recomendación xeral é a de utilizar o selector de IDE cando se quere aplicar un estilo a un só elemento específico da páxina e utilizar o selector de clase cando se quere aplicar un estilo a varios elementos diferentes da páxina HTML.

Así, por exemplo:

Exemplo da utilización de identificadores

Exemplo da utilización de identificadores. Diego Rodicio Álvarez. CC BY-SA